Teoría ecónomica da política

Na segunda metade do século XX tivo ampla difusión no desenrolo dos estudos políticos o chamado método de análise económico ou da eleición racional. Con este enfoque de análise político teñen aparecido variedade de escolas, movéndose en torno á teoría da acción racional, teoría de xogos, teoría da eleición pública, teoria política positiva e nova economía política.

Este enfoque ten sinalado dous tipos de teoría na cencia política: unha discursiva, sociolóxica, organicista e literaria, e outra axiomática, mecanicista e matemática.

Entre as principais influencias das contribucións máis específicamente politolóxicas á teoría económica da política están: a teoría da eleición social, a teoría de xogos e a aplicación dos principios da microeconomía neoclásica ás cuestións políticas.


Teorias da Elección Racional

As teorias da elección racional parten tanto das teorías dos economistas neoclásicos, como do Utilitarismo e da Teoría de Xogos.

Parte de que os actores teñen intencionalidade, teñen fins e metas cara as que dirixen as súas accións. Tamén teñen preferencias, valores ou utilidades, pero a teoría non se preocupa destes elementos ou fontes en sí. A acción encamíñase para lograr os obxectivos coherentes coa xerarquía de preferencias, utilidades ou valores dun actor.

Trátase de apropiarse recursos escasos por parte do actor, de forma que se planifiquen as accións en base a un custe de oportunidade.

As institucións van a constreñir as accións individuais, pois están determinadas por normas escolares, familiares, leis, ordeanzas, políticas ríxidas, igrexas, hospitais, …

O principal teórico foi James Coleman, que traballou dentro do que chamou paradigma da acción racional, utilizando a teoría da acción racional como unha base microsociolóxica para explicar os fenómenos macrosociolóxicos. Parte da idea base de que “as persoas actúan intencionadamente en persecución dunhameta, que vén determinada por valores e preferencias”. Trátase de maximizar por parte dos actores as accións que maximizan a utilidade ou satisfacción das súas necesidades ou desexos.

Segundo Coleman, hai que centrarse na cuestión micro-macro concretamente no vínculo do micro co macro, no modo en que a combinación das accións individuais dan lugar á acción do sistema. Aínda que concede prioridade a ese vínculo, tamén interésase polo vínculo do macro ao micro, ou o modo en que o sistema restrinxe as orientacións dos actores.

No movemento dende o actor racional até o fenómeno turbulento e salvaxe chamado conducta colectiva tense unha transferencia simple e racional do control dunh actor a outro actor, de forma unilateral, en base a un intercambio.

Un fenómeno macro que analiza Coleman é o das normas, preguntándose a forma en que as normas emerxen e se manteñen nun grupo de actores racionais. Pensa que determinadas persoas cren que o cumprimento das normas produce beneficios e a violación das mesmas perxuizos. As normas son analizadas den de o ponto de vista de tres elementos:

  1. A relación do micro co macro.
  2. A acción intencional no nivel micro
  3. A relación do macro co micro.

Para Coleman, a maior parte da teoriá social debe ser criticada por adoptar a perspectiva do que chama homo sociologicus (esta perspectiva acentúa o proceso de socialización e acomodación plena entre o individuo e a sociedade), de modo que este tipo de home é incapaz de tratar a liberdade de acción dos individuos a pesares das restriccións ás que son obxecto, e incapaz de avaliar as accións do sistema social. Pola contra contrapón o homo economicus que sí posúe positivamente esas capacidades.

Segundo Coleman, a natureza cambiante da sociedade leva ao desvaecemento das estruturas primordiais e a sustitución por estruturas intencionais, deixando unha serie de valeiros que as novas organizacións sociis non encheron adecuadamente.


Críticas da Teoría da Acción Racional

Son numerosas as críticas que recibe a teoría da acción racional.

A destacar a de Smelser que di que é tautolóxica e invulnerábel á falsación, e que desenrolou a capacidade de explicalo todo e por conseguinte, de explicar nada.

Tilly critica básicamente a teoría de Coleman por:

  1. Desatende a especificación dos mecanismos causais.
  2. Promove un reduccionismo psicolóxico incompleto, polo que conduce ao erro.
  3. Defende un tipo xeral de teoría, quie nalgún momento ten levado aos centíficos sociais a camiños sen saída, onde teñen dado voltas unha e outra vez, e lles teñen vendido diferentes tipos de reduccionismo individual.

Política como resultado de accións voluntarias e conscentes

A política sería un proceso de agregación de preferencias que pode ser máis ou menos excluínte e autoritario, pero que sempre pode ser analizado como a imposición de uns sobre os demáis.

A diferenza doutros tipos de teoría políticas, reálzase a capacidade humana de tomar decisións voluntarias, en contraposición das teorías que ven a base da política no determinismo estrutural. Deste xeito, reálzase a capacidade de cálculo e decisión conscente dos individuos no suposto da racionalidade instrumental, fronte a outros enfoques nos que os comportamentos colectivos están baseados na irracionalidade individual marcada por determinantes estruturais ou a manipulación masiva das concencias.

Comportamentos estratéxicos

Os actores elixen ou votan conforme cos seus cálculos dos efectos que a súa decisión terá na súa interacción con outros individuos, de forma que os individuos en política son guiados de forma importante por comportamentos de tipo estratéxico.