Socioloxia clasica alemana

Fronte á progresión coherente da socioloxía francesa, a socioloxía alemana estivo fragmentada dende un principio. Así existía unha ruptura entre as obras de Marx, Weber e Simmel. Pódese considerar que a corrente principal da socioloxía alemana estaría constituida por Weber e Simmel, sendo un desenrolo en grande medida contra a teoría de Marx.

Os principais sociólogos da socioloxía alemana clásica son:

  1. Karl Marx.
  2. Max Weber.
  3. George Simmel.

Marxismo

Marx situou no corazón da súa socioloxía , como nengunha outra socioloxía fixera antes, a cuestión da explotación de uns homes polos outros.

Segundo a chamada por Marx lei xeral de acumulación capitalista, os capitalistas perseguen explotar aos traballadores ao máximo posíbel.

A tendencia constante do capital é facer o posíbel para que o custe do traballo tenda a cero

Para Marx, a estrutura e o ethos do capitalismo empuxa aos capitalistas a acumular cada vez máis e máis capital.


Marx

A dialéctica en Marx é a forma en que se produce o cambio social. Por exemplo, nas relacións recíprocas entre proletariado e capitalistas, a crecente explotación dos proletarios por parte dos capitalistas pode provocar unha maior militancia, que á súa vez provoca nos capitalistas incrementan a explotación para aplastar a oposición dos traballadores. Cando os pensadores dialécticos falan de causalidade, sempre refírense ás relacións recíprocas entre os factores sociais, así como na totalidade dialéctica onde se dan.

Sobre o potencial humano e a natureza, Marx di que podemos distinguir tres compoñentes na relación entre os seres humanos e a natureza: a percepción, a orientación e a apropración. A percepción é o contacto directo que teñen as persoas coa natureza ao través dos seus sentidos. A orientación é o proceso que permite organizar e modelar as distintas percepcións do mundo. Unha vez que se produce a percepción e organízase o mundo procédese á apropiación na que os actores empregan as súas capacidades creativas para actuar sobre a natureza co fin de satisfacer as súas necesidades.

Segundo Marx, o mundo antergo proporcionaba unha satisfacción limitada, mentres que o moderno non proporciona satisfacción algunha e cando o fai é vulgar e mediocre. Para Marx, o comunismo era unha fase na que se destruiran as forzas estruturais que causaban a distorsión da natureza humana, e na que as persoas poderían expresar o seu potencial humano. O capitalismo, a pesar de liberar ás persoas das limitacións que implicaba a sociedade prinitiva, impedían a expresión de moitas capacidades e necesidades da especie.

Marx distingue entre actividade, traballo e creatividade. A primeira fai referencia ao movemento implicado nos esforzos deliberados, o segundo no proceso de producción material e, finalmente, a creatividade é a capacidade das persoas de facer productos únicos. O traballo na sociedade capitalista adoptaba certas formas distintivas e pervertidas, en vez de constituir un fin en sí mesmo reflexo das capacidades humanas, o traballlo reducíase ao fin de gañar cartos. No capitalismo o traballo non equivale á relación actividade, traballo e creatividade.

O traballo no capitalismo provocou consecuencias imprevistas, resultado dunha grande cantidade de accións. Aínda que a intención da xente era crear unha estrutura que non distorsionara a natureza humana, ese foi o seu efecto real.


Alienación, fetichismo da mercancía e reificación en Marx

Marx denominou alienación ás distorsións que provocaba na natureza humana a dominación do traballador por parte da vontade allea capitalista.

Segundo Marx, o fetichismo da mercancía implica o proceso polo que os actores esquecen que o seu traballo é o que lle dá valor á mercancía. Chegar a crer que o valor procede das propiedades naturais das cousas ou que o funcionamento impersoal do mercado é o que lles otorga o seu valor (para os actores sería o mercado quen realiza a función que únicamente só poden realizar os traballadores). O fetichismo das mercancías configre ás mercancías e ao mercado unha realidade obxectiva independentemente que é eterna ao actor e coercitiva.

Unha relación definida entre os homes…asume, ante os seus ollos, a fantástica forma dunha relación entre as cousas.

As persoas producen non só obxectos económicos, se non tamén relacións sociais e estruturas sociais. O conceito de fetichismo da mercancía pódese traducir ao máis amplo de reificación (proceso polo que se chega a crer que as formas sociais humanamente creadas son naturais, universais e absolutas). A reificación implica o convencemento das persoas de que as estruturas sociais están fora do seu control e son inalterabeis. Entón, as estruturas sociais adquiren o caracter que as persoas lles outorgan.


Para Marx, a propiedade privada é o producto resultante e consecuencia necesaria do traballo alienado, da relación externa do traballador coa natureza e consigo mesmo.

As clases sociais serían estruturas externas e coercitivas para as persoas. Son relacións sociais reificadas (relacións entre os homes que lograron unha existencia independente). As clases sociais derívanse dos actos de producción, as persoas chegan a reificar as clases e consecuentemente comenzan a cobrar videa independente que constriñe ao actor. Todas as ideas das clases arraigan da súa conceición das mercancías e do fetichismo destas.


Falsa concencia e ideoloxía en Marx

Para Marx, sobre as relacións de producción do capitalismo (estrutura económica da sociedade), elévanse unha superestrutura xurídica e política e á que corresponde unhas formas sociais determinadas de concencia. «O modo de producción da vida material condizoa o proceso da vida social, política e intelectual en xeral. Non é concencia dos homes a que determina a realidade, pola contra, a realidade social é a que determina a súa concencia».

No capitalismo, tanto capitalistas como traballadores teñen unha percepción incorrecta do modo en que funciona o sistema e do papel que desempeñan nel, é a falsa concencia. É a situación que describe a situación no periodo capitalista, mentres que a concencia de clase é a condiciónb que lle permitiría ao proletariado a comabiear a sociedade dunha capitalista a unha comunista.

Ideoloxía é o sistema integrado de ideas que é externo aos individuos e resulta coercitivo para eles.

As ideas da clase dominante son en todas as épocas as ideas dominantes, é dicer, a clase que é a forza material dominante da sociedade, é ao mesmo tempo a súa forza intelectual dominante. A clase que posúe os medios de producción material ten ao mesmo tempo á súa disposición os medios da producción mental, de xeito que, falando en termos xerais, as ideas de aqueles que carecen dos medios de producción intelectual están sometidas a ela. As ideas dominantes non son máis que a expresión ideal das relacións dominantes non son máis que a expresión ideal das relacións dominantes, as relacións materiais dominantes feitas ideas.

O papel da ideoloxía é asegurar a conformidade dos oprimidos e explotados. As tecnoloxías ofrecen unhas ideas de sí mesmos e da riqueza material deformada, que traballa en favor da súa aceptación espiritual da situación, incluso no seu apoio dela.


Weber

Max Weber ten unha grande importancia e influencia na Socioloxía. Dende o funcionalismo estrutural, a teoría do conflicto, a teoría crítica, o interaccionismo simbólico, etc.

Estivo moi interesado pola metodoloxía na Socioloxía, pero sen entendela como unhas instruccións para unha práctica correcta, se non como reflexións filosóficas sobre a natureza e significado das pretensións de coñecemento social e histórico.

A socioloxía persigue formular conceitos distintos e xeralizar as uniformidades dos procesos empíricos. Isto a distingue da historia, que está orientada ao análise causal e á explicación de accións individuais, de estruturas e persoalidades psouidoras dunha significación cultural.

Orientou a socioloxía ao desenrolo de conceitos claros, de xeito que puideran representar unha análise causal dos fenómenos históricos. Definiu o seu proceder ideal como a segura imputación de feitos individuais e concretos ocorridos na realidade histórica para concretar as causas históricamente dadas ao través de estudos de precisos datos empíricos. A sociolo pode ser practicada procedendo dende a acción dun ou varios individuos, empregando un método estrictamente individualista. Aínda que Weber centrouse nos procesos a pequena escala, o seu traballo sitúase primordialmente nos niveis de maior escala do mundo social.

Weber está interesado no que os individuos fan e nos motivos subxectivos polo que o fan, interésalle reducir as colectividades ás accións dos individuos. Pero na maior parte da súa socioloxía sustantiva pon o énfase en macroestruturas, como a burocracia e o capitalismo, sen preocuparse do que os individuos fan e os motivos polo que o fan.

A diferenza de Marx, Weber, en vez de concentrarse nos factores económicos e nos seus efectos sobre as ideas, dedicou moita máis atención nas ideas e nos seus efectos sobre a economía (máis que ver as ideas como simples reflexos dos factores económicos, Weber as consideraba como forzas autónomas, que podían afectar profundamente no mundo económico).


Tipos ideais en Weber

Un tipo ideal é un conceito construido por un centifico social a partir do seu interese e orientación teórica, para aprehender os rasgos esenciais de certos fenómenos históricos. Non son imaxes especulares do mundo, deben ser exaxeracións unilaterais da esenial do que ocorre no mundo real.

Weber ofrece diversas variedades de tipos ideais:

  1. O tipo ideal histórico atopado nunha época histórica dada.
  2. O tipo ideal da socioloxía xeral, son fenómenos que se dan ao longo de todos os fenómenos históricos e en todas as sociedades, como é o caso da burocracia.
  3. O tipo ideal de acción, son tipos de acción puros baseados en motivacións dun actor determinado.
  4. O tipo ideal estrutural, que son formas que se obteñen das causas e consecuencias da acción real, como pode ser o caso da dominación tradizoal.

Acción social en Weber

Toda a socioloxía de Weber baséase na súa concepción de acción social, na que median procesos reflexivos por parte do suxeito, entre o estímulo e a resposta que adopta o individuo. A acción está destinada a ocorrer cando os individuos atribúen significados subxectivos ás súas accións. Na análise sociolóxica a interpretación da acción faise en termos do seu significado subxectivo.

Weber fai a distintición entre dous tipos de acción racional: de acordo a fins (cando a acción está determinada por expectativas no comportamento tanto de obxecots do mundo exterior como de outros homes, utilizando as expectativas como medios para o logro de fins propios racionalimente sopesados), e racionalidade conforme a valores (cando a acción está determinada pola crenza conscente sen orientación a resultados, no valor, ético, estético, relixioso, etc.).

Para Weber, a sociedade estaba estratificada sobre a base da economía, o estatus e o poder, podendo estar na parte alta ou baixa de unha ou varias de estas dimensións de estratificación.


Estruturas de autoridade en Weber

Weber definía a dominación como a posibilidade de atopar obediencia dentro dun grupo determinado para mandatos específicos, podendo ter bases lexítimas ou ilexítimas (as primeiras eran as que importaban máis a Weber, e son o que se denomina autoridade). Weber centrou a autoridade lexitimada en base aos seguidores como racional, tradizoal e carismática.

Weber distinguiu entre dous tipos de ética:

  1. Ética da responsabilidade, cun compromiso apaixoado cos valores último que combínase cunha análise desapaixoado para conseguilos.
  2. Ética da convicción, na que a elección racional do medio está determinada e o actor orienta a súa acción cara a realización duns valores absolutos ou de demandas incondizoadas.

Finalmente, para Weber, no mundo imporase o sistema legal racional, o que sería unha gaiola de ferro dunha sociedade totalmente administrada.


Tipos de racionalidade en Weber

Weber distingue varios tipos de racionalidade:

  1. Racionalidade práctica, forma de vida que xuzga a actividade mundana en relación aos intereses puramente pragmáticos e esencialmente egoístas dos individuos. Trátase de calcular as formas máis oportunas para abordar as realidades dadas.
  2. Racionalidade teórica, intenta dominar a realidade con conceitos cada vez máis abstractos que ao través da acción. Conduce ao actor a transcender as realidades cotiáns nun intento de comprender o mundo como un cosmos significativo.
  3. Racionalidade sustantiva, que trata de ordear a acción en base a conxuntos de valores. Búscase de elexir medios en función de fins nun contexto dun sistema de valores.
  4. Racionalidade formal, que implica o cálculo de medios e fins, facendo referencia a regras, leis e regulacións universalmente aplicadas.

Weber vía que o capitalismo e as burocracias como dúas grandes forzas racionalizadoras que derivaban do ascetismo intramundano e implicaban unha acción racional metódica similar, que se reforzaban mutuamente no proceso que impulsaba a racionalización de Occidente.

Realmente, para Weber, os sistemas racionais tenden a ter consecuencias irracionais para as persoas implicadas e para os mesmos sistemas. Unha das irracionalidades da racionalidade é que o mundo tende a desencantarse, a ser menos máxico e menos significativo para a xente.

En Occidente o calvinismo, un determinado tipo de racionalidade sustantiva que enfatizaba un modo de vista metódico, marcou a racionalidade práctica de forma que conduxo ao desenrolo da racionalidade formal, con actores como o burócrata e o capitalista, que pasarían a dominar Occidente.

Para Weber, o capitalismo foi unha consecuencia imprevista da ética protestante.

É un sistema ético e moral, un ethos que, entre outras cousas, suliña o éxito económico. O que foi decisivo no mundo occidental foi precisamente o intento de converter o beneficio nun ethos. Noutras sociedades, a persecución do beneficio foi visto como un acto individualista motivado, ao menos en parte, pola avaricia e, polo tanto, considerado por algúns como moralmente sospeitoso. Sen embargo, o protestantismo logrou convertir con éxito esa búsqueda de beneficios nunha cruzada moral. Foi o apoio do sistema moral o que conduxo a esta expansión sen precedentes da búsqueda de proveito e, en última instancia, ao sistema capitalista.


Simmel

George Simmel foi un sociólogo que seguiu un enfoque micro que tivo unha influencia decisiva no desenvolvemento da investigación sobre pequenos grupos, tanto no interaccionismo simbólico como na teoría do intercambio. Rexeitaba o enfoque de Durkheim no que a sociedade é unha entidade real e material. Polo contra non consideraba a sociedade como un obxecto ou un organismo, pola contra a sociedade é un conxunto de interaccións.

Simmel considera a sociedade como un xogo entre factores estruturais, na cal os seres humanos aparecen como obxectos pasiovs máis que como actores vivos e con vontade. As estruturas supraindividuais (como o estado ou a familia), convírtense en cristalizacións das interaccións sociais, pero poden proporcionar autonomía e permanencia, chegando a enfrontarse ao individuo como se foran poderes alleos. Simmel sería unha especie de relacionista metodolóxico que partía da premisa de que todo interactúa con todo o demáis dunha ou outra forma. Ademáis, partiu do feito de que o mundo pode entenderse mellor en termos de conflicto e de contrastes entre categorías opostas.

Simmel conferiu á sociedade un carácter dialéctico, pero en vez do optimismo revolucionario marxista, a súa visión do futuro achegábase á da gaiola de ferro de Weber.