Teorías da autoorganización de sistemas
Fronte ao pensamento filosófico moderno presentáronse, segundo Feyerabend, dous liñas de superación, as que proverían da arte ou das cencias naturais, enfoques seguidos por postestruturalistas, no primeiro caso, e polos autopoiéticos, no segundo caso.
En común ambos enfoques teñen unha serie de rasgos en común:
- Desígnanse a sí mesmos como autoreflexivos.
- No deseño da teoría amósanse paralelismos no cultivo de antiprincipios como indeterminación, fragmentación, ironía, …
- Teñen plantexamentos antiteleolóxicos, non tendo a historia nengún fin.
- Desmitíficase a catástrofe. Escenarios como o da sociedade do risco xa non producen terror e as catástrofes forman parte da percepción normal. Aparentemente só, diferéncianse entre o nihilismo benhumorado de Luhmann (onde a tranquilidade é o primeiro deber cívico) e as estratexias postmodernas de seguir adiante despreocupadamente.

Teoría de Sistemas e Socioloxía
Nos traballos de Walter Buckley introduciu conceitos das Teoría de Sistemas.
A teoría de sistemas inclúe varios niveis de análise e pódese aplicar tanto aos aspectos macro máis obxectivos da vida social como aos micro máis subxectivos. O argumento central desta teoría é que a intrincada relación entre as partes non pode analizarse fora do contexto do todo: o obxecto de análise deben ser os as relacións e procesos nos diversos niveis do sistema social.

A teoría de sistemas tende a ver todos os aspectos do sistema sociocultural en termos de procesos, especialmente como redes de información e comunicación. Implica a integración das grandes estruturas obxectivas, os sistemas de símbolos, a acción e a interacción, e a conconscencia e autoconscencia. Tende a considerar o mundo social en termos dinámicos cunha preocupación suprema pola emerxencia e a dinámica sociocultural en xeral.
Nos sistemas orgánicos as interrelacións fundaméntanse máis no intercambio de información que de enerxía. E nos sistemas socioculturais as interrelacións baséanse nun intercambio de información aínda maior.

Un sistema aberto é máis capaz de respostar selectivamente a unha maior amplitude e detalle da infinita variedade do entorno. Os sistemas mecánicos tenden a ser fechados, os orgánicos máis abertos e os socioculturais os máis abertos dos tres. Os sistemas fechados tenden a ser entrópicos e os abertos neguentrópicos.
Os sistemas socioculturais poden ser intencionais e involucrarse na persecución de metas porque manteñen unha relación de retroalimentación co entorno que lles permite moverse cara ás súas metas. A retroalimentación constitúe un aspecto esencial do enfoque cibernético que adoptan os teóricos de sistemas para o estudo do sistema social, opoñéndose a un enfoque do equilibrio, característico de moitos sociólogos quen operan conscentemente cun enfoque sistémico.
Construcción de teorías de autoorganización de sistemas nas cencias naturais
O atomismo determinista das cencias naturais do século XIX tambaleábase dende tempo atrás. Os procesos históricos parecían ser reproducibeis, a diferenza dos procesos históricos. Cando eran investigados, tamén, procesos máis complexos con condicións de partida difícilmente reproducibeis, sospeitábase da certeza. A concepción da natureza dinamizouse.
Dende o darwinisimo social e dende o bioloxismo de moitas socioloxías premodernas as cencias sociais non tiveran unha inspiración tan forte nas cencias da natureza. Inicialmente as a vella teoría de sistemas e a cibernética interesáranse polas analoxías físico-técnicas. Tras a modernidade, pola contra, centraron o interese nos sistemas non lineais:
- Estruturas disipativas de Prigogine.
- Sinerxética de Haken.
- Teorías do caos e catástrofes.
A teoría de autoorganización de sistemas medrou a partir de estímulos de cencias moi diversas. En 1975 chegouse a producir unha colaboración institucionalizada na obra de Foerster dos enfoques de Prigogine, Haken e Eiken. Atopábanse pautas estruturais análogas nos obxectos de investigación de centificos naturais de distinto tipo.
Os autopoiéticos pensaron atopar o rastro da inescrutábel facultade da que falara Kant do fin natural como un ser organizado que se organiza a sí mesmo.

Algúns autopoiéticos chegaron a fundamentar as súas crenzas nunha teoría do coñecemento, pois, para Luhman o sistema é real e debe validarse empíricamente.
Segundo a cocepción constructivista pódense construir conceptos a partir das propias vivencias. As construccións deben, sen embargo, validarse de acordo co principio de ensaio e erro. Incluso defensores da autopóiese que non se adhiren á teoría do coñecemento constructivista parecen elaborar un procedemento construtivista ao elaborar as súas teorías.
Xa non rixe o vello principio funcionalista de que o todo ten primacía lóxica sobre as partes. No enfoque chamado mutualista, non existe o todo, se non so sistemas en interacción, podendo ser posíbel o control pero só mediante acordos recíprocos.
A nova imaxe da cencia non se orientaba xa cara ás máquinas, se non a modelos de vida. Mentres que as máquinas coñecen un input e un output que restrinxen unha finalidade, consistente en producir bens, o sistema autopoiético non ten nengunha finalidade e non aporta nengún ben.

A característica principal da autopóiese é a complementariedade de estrutura e función, de estabilidade e inestabilidade. A autoproducción e autorenovación dos sistemas autopoiéticos lévase a cabo nunha dinámica que parece estábel pero que nunca chega a deterse. Nas antergas cencias naturais postulábanse procesos desordeados, dende os anos sesenta descubriuse o principio ordeador da orde ao través da fluctuación.
Prigogine introduciu o esquema de referencia conceptual do mundo das traxectorias reversibeis, que investiga estruturas disipativas baixo condicións alonxadas do equilibrio. Tense un modelo circular dunha descripción autoconscente que xa non se producía apriorísticamente dunha estrutura lóxica.

A nova teoría da autopóiese rachou coa teoría neodarwinista que colocou no centro a selección mediante cambios medioambientais. Pola contra, os principios ordeadores internos desempeñaban o papel principal. Pero o único importante é a supervivencia do sistema . Xeralmente, non se pode establecer un proceso óptimo de adaptación, se non que hai estratexias alternativas de supervivencia.
Caos e catástrofes
A teoría de catástrofes foi desenvolta a partir da teoría xeral de sistemas de René Thom.

A autopóiese inclinábase a contemplar o cambio de forma puramente endóxena, sen impulsos externos. Pola contra, a autoproducción na que se sustitúen elementos particulares do sistema permanentemente a partir de sí mesmos, non tiña que conducir á evolución, podendo levar á catástrofe ou ao caos.
Na teoría das estruturas disipativas descubriuse que a orde era máis ben unha excepción.
Teorías da autopóiese e política
O estudo da autopóiese polos teóricos da política non resulta estéril, mellorando a perspectiva dos límites do tratamento alopoiético de subámbitos da sociedade pola política, evitando albergar expectativas sobredimensionadas respeito da capacidade de control da política, que teñen levado continuamente a maiores niveis de modestia en relación ás pretensións de control. No modelo da autopóiese o control non parece posíbel, pero o control político segue sendo o ponto de referencia central de toda a cencia política.
Un sistema pode ser autorreferencial sen que sexa autoorganizado, autocontrolado, nen, dende logo, autopoiético. No dereito pode constatarse unha relación de referencialidade mutua entre as normas que se denomina autoreferencial, pero sen existir unha autoproducción, pois as normas non xeran normas.
En tres niveis evolutivos, os subsistemas autónomos progresan dende a autoobservación cara á autoconstitución e autoprodución. A autorreferencialidade do primeiro nivel subordínase cara á autoobservación do sistema. A autoconstitución aparece cando poden aplicarse operativamente as autoobservacións do sistema. Cando nun hiperciclo os compoñentes do sistema autoconsituidos encadéanse entre sí, e prodúcense mutuamente, existe autopóiese dende esta perspectiva.
Haken intentou derivar unha ética política progresista das súas análises centífico-naturais da situación de feito, pero a súa postura non foi a dominante nas teorías autopoiéticas, sendo a orientación política conservadora a que ten propagado a mensaxe de que os sistemas autopoiéticos son xenuinamente conservadores.

Armin Mohler contribuiu a popularizar o novo pensamento de Werner von SIemens-Stiftung na política cunha mensaxe dos sistemas autopoiéticos.

Tamén no terreo da autopóiese téñense dado teorías anarquistas cunha variedade non violenta dende Proudhon até Kropotkin. O mutualismo de Kropotkin non estaba menos salpicado de analoxías biolóxicas que a nova edición autopoiética de Maturana, onde o cseu comportamento social baseado na cooperación, e non na luita ten o seu paralelismo en Kropotkin.
Niklas Luhman
Niklas Luhmann é o teórico de sistemas máis destacado en Socioloxía. Combina o funcionalismo estrutural de Parsons, a teoría de sistemas e elementos de bioloxía cognitiva e a cibernética. Pensa que as ideas últimas de Parsons son o enfoque adecuado para un novo enfoque sociolóxico que reflexe os últimos descobrementos dos sistemas biolóxicos e cibernético.

Un sistema baséase na distinción co seu entorno, fundamentalmente, a diferencia entre os dous é o grau de complexidade, sendo o sistema menos complexo que o seu entorno. Non poidendo ser tan complexos os sistemas como o seu entorno, os sistemas desenrolan novos subsistemas e establecen varias relacións entre os subsistemas co fin de relacionarse mellor co entorno, correndo o risco de verse superados pola complexidade do entorno.
Principalmente Luhmann reflexiona sobre a autopóiese, de forma que os sistemas autopoiéticos:
- Producen os elementos principais que forman o sistema.
- Están organizados no sentido de organizar os seus límites e as súas estruturas internas. O que hai dentro e fora dun sistema autopoiético está determinado pola autoorganización do sistemae non polas necesidades funcionais do sistema, cousa que pensaría un funcionalista estrutural.
- Son autoreferenciais. No caso do sistema económico utiliza o prezo como forma de referencia consigo mesmo.
- Son sistemas fechados, non existindo conexión directa entre o sistema e o seu entorno. Trata só coas representacións internas do entorno.
- A sociedade é un sistema autopoiético.
A sociedade produce os seus propios límites e estruturas, é autoreferencial e é fechado. O elemento básico da sociedade é a comunicación e a comunicación a produce a sociedade. O individuo realmente non forma parte realmente do sistema social.
Por sistema psíquico Luhmann entende a concencia do individuo. Tanto o sistema psíquico como a sociedade baséanse no significado, estreitamente relacionado coas eleccións que fai o sistema (o significado dunha acción particular é o que o distingue doutras accións posibeis). O significado aparece en contraste coa continxencia, se non existe a posibilidade de ser diferente non hai significado.
Os sistemas como o psíquico e o social que se basean no significado son fechados porque o significado sempre se refire a outro significado, só o significado pode cambiar o significado e o significado tende a producir máis significado.
Os sistemas psíquicos e sociais teñen evolucionado xuntos, sendo un o entorno necesario para o outro. Os elementos do sistema psíquico de significado son representacións conceptuais, os elementos do sistema social de significado son comunicacións.
A inxenua confianza no efecto ilustrador da crítica perdeuse completamente en Luhmann, dicindo que a crítica non levaba ao consenso, se non que erosionaba a confianza na capacidade da tecnoloxía para solucionar problemas e a que se tiña na capacidade de control político do sistema.
Luhmann mantiña o seu escepticismo respeito calqueira teoría da acción, sendo a inseguridade o normal nunha sociedade complexa. A súa recomendación é “viver de forma absolutamente normal e sen nervosismo” ante o hourizonte de posibeis catástrofes e que se contemplaran como causas de posibeis perxuizos. Partíase dunha ética de convicións que dan un paso atrás na moralización da política, engadindo aos posibeis perxuizos resultantes dunha catástrofe os evitabeis perxuizos causados pola inquedanza.
Fronte á anarcoide teoría da resistencia de Beck, Luhmann contrapuxo a común máxima de que “A primeira obriga do cidadán é manter a calma”.
Dobre continxencia en Luhmann
O problema da dobre continxencia que propón Luhmann é debido a que o sistema social baseado na comunicación crea estruturas sociais co fin de resolver este tipo de problema, consistente de que toda comunicación debe ter en conta o modo en que se recibe, dependente da opinión que ten quen recibe a comunicación. Fórmase un círculo imposíbel: o receptor depende do comunicador e o comunicador do receptor.
Como consecuencia a sociedade nunca prescindirá dun número de exemplos que non se axustan ás expectativas, pero a sociedade nunca prescindirá delas.
A evolución, segundo Luhmann, é un proceso de proba e erro non teleolóxico, e o progreso non ten sentido. Supor un camiño de resolución dun problema do sistema social ignora que existen moitos xeitos de abordar un mesmo problema. Un problema desenrola varias solucións para abordar unha perturbación do entorno, unhas eficaces e outras non. Finalmente escollerá posíbelmente a máis sinxela de estabilizar, non a mellor.
Diferenciación en Luhmann
Para abordar a complexidade do entorno, segundo Luhmann, a sociedade moderna ten como rasgo principal o proceso crecente de diferenciación sistémica, que é a réplica dentro dun sistema da diferencia entre sistema e entorno. Nun sistema diferenciado hai dous tipos de entorno, un común a todos os subsistemas e un entorno interno diferente para cada subsistema.
O proceso de diferenciación aumenta a complexidade do sistema porque cada subsistema tende a crear diferentes conexións con outros subsistemas, coa finalidade de adaptarse ás variacións do entorno.
Distínguense, básicamente, varias formas de diferenciación:
- Diferenciación de segmentación, que divide o sistema sobre a base de realizar funcións idénticas unha e outra vez.
- Diferenciación de estratificación, é vertical de acordo co rango ou estatus que se ocupe un sistema concebido como unha xerarquía.
- Diferenciación centro-periferia, que é un vínculo de estratificación e segmentación.
- Diferenciación de sistemas funcionais. A máis complexa e dominante na sociedade moderna, na que o sistema cada función atribúese unha función particular.
Para Luhmann a sociedade é todo sistema social omniabarcante que inclúe a todos os demáis sistemas societais. Polo tanto o conceito de sociedade equivale a sociedad mundial, pois pode existir só unha “sociedade”. Un sistema social é todo sistema que produce comunicación como elemento básico para reproducirse a sí mesmo.
Para coñecer a sociedade hai que observar a súa semántica, ou sexa, a comunicación sobre as comunicacións que constitúe o sistema da sociedade.