O funcionalismo estrutural é unha das teorías de maior hexemonía tras da Segunda Guerra Mundial, e unha das máis relevantes do Século XX.
É unha macroteoría que se ocupa principalmente das grandes estruturas e institucións sociais, e aparece dentro do paradigma sociolóxico dos feitos sociais. Influiu grandemente noutros importantes teóricos sociais como é o caso de Habermas.
Parsons
O principal teórico das teorías do funcionalismo estrutural é Talcott Parsons. O seu obxectivo integrador incluía campos do saber como a psicoloxía clínica, a psicoloxía conductista, a antropoloxía e a socioloxía. A maior parte da súa obra principal, “A estrutura da acción social”, está adicado á análise das teorías de Alfred Marshall, Pareto, Durkheim e Weber.
O asunto clave para Parsons era o problema da formulación teórica das relacións entre sistema social e persoalidade do individuo.
Comezou a súa obra cunha orientación micro pero conforme avanzaba a súa obra pasouse a unha actitude orientada a unha teoría estrutural-funcional macro.
O problema básico da obra de Parsons deriva de non ter logrado completar o desprazamento dende a teoría da acción ao funcionalismo estrutural, de xeito que as dúas teorías están interrelacionadas de forma confusa ao longo da súa obra.
O traballo integrador de Parsons é confuso pois non logrou reconciliar a súa teoría da acción weberiana (tal e como el a interpretou), co seu funcionalismo estrutural durkheimano

Parsons trazouse a meta da construcción dunha grande teoría que fora analítica, sistemática, completa e elegante. Unha teoría da acción na que os mecanismos centrais deben ser invariábelmente os actores orientados cara a certas situacións, con diferentes metas, valores e modelos normativos que lles fan conducirse de acordo con eles.
Parsons adoptou a idea de teoría de sistemas da emerxencia, onde os sistemas de orde máis alto emerxen dos sistemas de orde inferior. Estes sistemas de orde superior non deben poder ser explicados en termos das súas partes constituintes nen inferidos directamente delas.
Destaca na súa teoría o seu esquema AGIL. Para Parsons unha función é un complexo de actividades dirixidas á satisfacción dun ou varias necesidades do sistema. Un sistema para sobreviver debe realizar catro tipo de funcións:
- Adaptación ás condicións situacionais externas. Debe adaptarse ao seu entorno.
- Capacidade para alcanzar metas, todo sistema debe alcanzar as súas metas primordiais.
- Integración, todo sistema ten que regular a interrelación entre as súas partes constituíntes.
- Latencia, todo sistema debe manter e renovar a motivación dos individuos e as pautas culturais que crean e manteñen a motivación.

A estrutura do sistema xeral da acción de Parsons inclúe os elementos:
- Sistema cultural.
- Sistema social.
- Organismo conductual.
- Sistema da persoalidade.
Merton
Robert Merton, en contra do que fixera Parsons coas grandes teorías, introduciu teorías de alcance medio. Todas as crenzas e prácticas culturais e sociais estandarizadas son funcionais para a sociedade no seu conxunto. As diversas partes dun sistema social deben ter un alto grau de integración.

Os primeiros funcionalistas estruturais soían centrarse cáseque exclusivamente nas funcións que cumplía unha estrutura ou institución para outra. Sen embargo, para Merton, estes anaslistas soían confundir os motivos subxectivos dos individuos coas funcións das estruturas ou as institucións.O funcionalista estrutural debía centrarse máis nas funcións sociais que nos motivos individuais. As funcións definíanse como as consecuencias observadas que favorecen a adaptación ou axuste duns sistema dado.
Unhga función latente é un tipo de consecuencia imprevista funcional para un sistema determinado. Téñense tamén consecuencias imprevistas que son disfuncionais para un sistema determinado, entre as que están as funcións latentes, e as que son irrelevantes para o sistema xa que non lle afectannen funcional nen disfuncionalmente, serían consecuencias non funcionais.

Merton define a cultura como o corpo organizado de normas que gobernan a conducta que quie é común aos individuos de determinada sociedade ou grupo. A estrutura social sería o corpo organizado de relacións sociais que manteñen entre sí diversamente aos individuos dunha sociedade ou grupo.
Anomia estaría producida por unha discrepancia grave entre as normas e os obxectivos culturais e as capacidades estruturalmente organizadas dos individuos do grupo.
Neofuncionalismo
O neofuncionalismo pode considerarse como un intento de superar graves anomalías detectadas no funcionalismo estrutural. Segue a idea abandonada por Parsons de seguir unha orientación sintética. O principal representante do Neofuncionalismo é Jeffrey Alexander.
En contra da preocupación común doutros sociólogos, a preocupación fundamental de Alexander non son as institución sociais, se non o que está fora do marco destas institucións. As sociedade civil inclúe un interese tanto polo voluntarismo individual como pola solidariedade colectiva.

Os funcionalismos estruturais e as teorías do conflicto enfréntanse principalemente por un enfoque tendente ao consenso, no primeiro caso, ou ao conflicto. Nas teorías enfocadas ao consenso as normas e oss valores comúns son fundamentais para a sociedade, presupoñendo a orde social baseada nun acordo tácito e que o cambio social prodúcese lenta e ordeadamente. No caso das teorías do conflicto suliñan o dominio duns grupos sociais sobre outros, e supoñen que a orde social baséase na manipulación e o control dos grupos dominantes, e que o cambio social é súbito cando os grupos subordinados vencen aos grupos dominantes.