Filosofias das tecnocencias

Filosofías das tecnocencias

A valoración da técnica ten variado enórmemente ao longo da historia. Dende o desprezo tracional pola técnica, á forma eficaz de intervención no universo por parte da cencia moderna ao pragmatisomo da tecnocencia contemporánea.

Na filosofía tradicional, platónico-aristotélica, distingue que:

  • Dende o ponto de vista ontolóxico existen dúas ordes de realidade: a das estruturas esenciais e a dos acontecementos materiais (non necesarios, cambiantes e modificabeis, efímeros e dependentes do azar).
  • Dende o ponto de vista epistemolóxico hai dous tipos de saber: en primeiro lugar o saber centífico universal, en segundo lugar o saber práctico e técnico (un saber moi imperfecto, incerto e tan só probábel).
  • Dende o ponto de vista ético:
    • A existencia inferior do home que traballa, produce e organiza as cousas materiais. É unha existencia vil e grosera, apenas digna dun home.
    • A existencia do home de acción, que interactúa menos cos homes que cos seus conciadadáns.
    • A vida ética ou contemplativa. É a forma de vida superior.

Xa no Renamento pénsase que quen coñece a causa dun fenómeno é, en principio, señor dese fenómeno que se volve efecto, dado que pode decidir activar ou non a causa produtora do efecto-fenómeno. A cencia causal moderna non só é cencia do universo, se non tamén da acción ou da intervención eficaz no universo. A cencia causal moderna achégase máis á técnica que a cencia tradicional. En certo sentido a cencia é técnica.

O termo tecnocencia aparece na metade dos anos 70 do século XX. Designa a cencia contemporánea ao expresar claramente o contraste co proxecto logoteórico da cencia antigua e coa representación ainda dominante da cencia moderna, que segue estando asimilada a unha actividade fundamentalmente teórica.

Tecnocencia evoca á Investigación e Desenrolo Tecno-Centíficos (IDCT) que implica:

  • Non existe xerarquía estábel entre investigacións, descubrimentos e inventos teóricos ou técnicos. Técnica e teoría están en constante interacción.
  • A IDCT é fundamentalmente dinámica, activa e produtiva. Está nas antípodas da actitude contemplativa. O momento teórico non é o fin, se non un paso do proceso.
  • O marco filosófico tradizoal máis axustado á IDCT é o pragmatismo.
  • A IDCT implica aspectos e consecuencias económicas. Plantexa problemas éticos, sociais e políticos.
  • A IDCT está en constante interacción co medio simbólico (cultural, social, psicolóxico, institucional, ect.).

A reflexión sobre o saber (a súa natureza, as súas formas, o seu modo de adquisición, modo de desenrolo e fiabilidade), denominábase teoría do coñecemento na filosofía tradizoal. No século XX pasan a utilizarse os termos epistemoloxía e filosofía das cencias. Estes novos termos recoñecen a independencia e diversidade das cencias, e o caracter máis secundario que constitutivo da filosofía respeito das cencias.

A expresión filosofía da técnica nace a finais do século XIX cando Erns Kapp define as técnicas como prolongacións dos orgaos do ser humano, indisociabeis do devir humano e da superioridade do home dentro da Natureza.

Durante a segunda parte do século XX a referencia á filosofia da técnica complícase a medida que a cuestión da técnica exténdese. A explicación é:

  • Aumento de complexidade do universo das cencias e das técnicas.
  • As dúas revolucións tecnocentíficas producidas nos anos 60 e nos anos 70 do século XX: a revolución informática e a revolución biolóxica molecular.
  • Ambivalencia respeito das cencias e das técnicas crecente dende a Segunda Guerra Mundial. Acrecéntanse temores, decepcións, entusiasmos e esperanzas, moitas veces alonxadas da realidade das IDTC.
  • Multiplicación explosiva das reflexións e publicacións sobre o tema.

Tecnofobias e tecnofilias

En xeral as tecnofobias acompáñanse dunha valoración primordial do homo loquax fronte ao home faber. Neste sentido, relixión e filosofía son solidarias de certa forma de vida que privilexia a simbolización, a actividade introvertida e o retiro da carga afectiva do mundo.

O humanismo tecnófilo ten como forma xeral un instrumentalismo antropocéntrico: defínense as técnicas como un conxunto de instrumentos, de medios, de ferramentas ao servizo da humanidade. Os problemas da humanidade son técnicos solucionabeis gracias ao desenrolo das artes e as cencias. O progreso das cencias e as técnicas coincide co avance da humanidade. Esta forma de pensar é característico dos filósofos próximos ao pragmatismo, os herdeiros do marxismo e algúns modernos.

A tecnofilia evolucionista toma en conta a temporalidade biocósmica cara o pasado e cara o futuro. Resalta a brevidade da historia humano e a absurdidade de absolutizala. É sensíbel ao imperativo tecnolóxico: todo o que se pode facer hai que facelo, e inclínase ao postulado de que non hai nada imposíbel a priori.


Hans Jonas

É un teconcentófobo que reacciona ante os problemas que presenta a IDTC volvéndose cara o pasado, cara a tradición metafísica e relixiosa. Quere reanimar unha actitude premoderna.

Pensa que os cambios na acción humana no século XX, tanto no alcance como na súa calidade, fan que a humanidade esté en perigo. Estes cambios son provocados polos desenrolos tecnocentíficos e na dimensión colectiva. Estarían en perigo:

  • A natureza: Jonas foi un dos primeiros en elaborar de forma filosóficamente avanzada unha visión dos problemas ecolóxicos.
  • A esencia da humanidade, porque as tecnocencias tratan cada vez máis ao ser humano como unha realidade biofísica modificábel, manipulábel ou operábel en todos os seus aspectos. A tecnocencia ten instrumentalizado ao home.
  • Imposición dun estado de espíritu nihilista, desaparecendo todos as suxeccións teolóxicas, metafísicas ou ontolóxicas. Destrúese a concepción dunha natureza humana con valor e un sentido sagrados aos que se debía ter respecto absoluto.
  • A liberdade humana de inventar fins e impoñer valores parece ilimintada, ao imporse a tese de que nen na natureza nen no universo hai nengún valor en sí nen nengunha finalidade dada, polo que o mundo valeiro de sentido e as cousas naturais convertíronse en simples obxectos.
  • Unha emancipación ilimitada da humanidade respeito de todas as coercións da súa condición. Todas as barreiras simbólicas (relixiosas, morais e metafísicas) son impugnadas e progresivamente destruidas, o que vai da man de que a tecnocencia desenrólase e impóñase unha concepción da realidade cada vez máis libremente manipulábel.

Fronte a estes perigos, Jonas introduce a heurística do medo, que levaría a deter toda empresa tecnocentífica da que se imaxina que poida ter consecuencias contranatura, sendo desconfiados respecto da dinámica de progreso e evolución.

Para Jonas a vontade humana non ofrece nengunha garantía contra o abuso e os extravíos desa mesma vontade (que vén sendo liberdade ilimitada). Non cre nas virtudes da democracia representativa, a educación e o debate público para resolver os problemas plantexados pola tecnocencia e o espíritu nihilista.

Jonas introduce un imperativo como fundación metafísica do valor da humanidade, que se actúe de tal maneira que as consecuencias da túa acción sexan compatibeis coa permanencia dunha vida auténticamente humana na Terra.

Parte dunha concepción finalista da natureza:

  • A natureza pon de manifesto o desplegue de comportamentos funcionais ou intencionais con finalidade.
  • O sentido da evolución é o acrecentamento da finalidade, culminando o proceso no ser humano. O fin da evolución natural sería o home: o ser vivo que non deixa de invertar fins.
  • A humanidade debe respetarse a sí mesma tal e como a natureza tenlle enxendrado.

Gilbert Simondon

Exemplo de humanismo tecnófilo, que pertence á posición típica da modernidade. Para el a tecnocencias son o progreso que é tamén o da humanidade en sentido universal. Os problemas das tecnocencias teñen solución, coa axuda da educación, unha aculturación e información acertada.

Segundo Simondon, a civilización contemporánea está disociada entre dúas culturas, dúas tendencias incapaces de comunicarse entre sí e sen conciliación. Dúas formas de vida e maneiras opostas de relacionarse coa condición humana e o ser-no-mundo. Son os partidarios da cultura tradizoal e os partidarios da cultura centífica e técnica.

  • Para os primeiros, é esencial a importancia da linguaxe natural e a simbolización (as artes). Partindo da cultura predominantemente de tipo lingüístico o ser humano asume a súa condición e descubre o sentido. Considérase que a condición humana é inmodificábel.
  • Para os segundos, a forma de enfocar os fenómenos culturais é máis antropolóxica, etnolóxica e empírica. A importancia da linguaxe natural é relativizado, que só é un instrumento e non un fin en sí mesmo. Cren que existe a posibilidade de modificar a condición humana, incluso radicalmente.

Para Simondon, non existe un problema de antítese entre cencias-técnicas e cultura, se non que existe un desfase da cultura dominante fronte ao medio real e actual tecnocentífico (a auténtica cultura sería anacrónica). A tecnocentofobia é unha mala representacióbn do universo tecnocentífico que se sente incomprensíbel, incontrolábel e extrano, para unha cultura obsoleta e incapaz de seguir realizando un papel regulador.

A filosofía de Simondon inclúe unha filosofía da técnica, das tecnocencias ou da IDTC, unha filosofía da natureza e outra do home. Como rasgos esenciais desta filosofía están:

  • Dar valor á técnica e tecnocencias, considerando que a IDTC é un axente positivo e capital do devir do home e da sociedade contemporánea. A tecnofilia de Simondon considera que a IDTC é o motor da nosa civilización. É necesario que a cultura tecnocentífica faga de acompañamento simbólico á IDTC.
  • Os obxectos técnicos e o mundo técnico teñen unha autonomía relativa. A liberdade de influír sobre as realidades tecnocentíficas pode lastrar o desenvolvemento se non se recoñece a especifidade dos obxetos do mundo técnico.
  • As normas tecnocentíficas son obxetivas e universais. Trátase de inspirarse na universalidade da natureza por riba da comunidade propia.
  • A IDTC permite unha emancipación material e simbólica. A práctica de investigación e da adquisición de coñecementos e habilidade produtiva eficaz non está restrinxidas ás limitacións e coercións de nengún poder simbólico instituido, a dinámica tecnocentífica non pode sobreviver nun medio social e cultural fechado e ríxido.
  • A IDTC non se adapta a calqueira institución social e cultural, necesítase que as intitucións protexan o libre exame e liberdade de pensamento, de investigación, de informar, de debatir, etc. A regulación social da IDTC non pode ser ríxida nen pesada. Todo debe ser revisábel e nunca se pode declarar algo como definitivo.
  • Debe de establecerse unha relación libre coa técnica, que sería a dun investigador, en contra da relación que tería un tecnócrata que intenta impor unha técnica e manexar a sociedade.

Tristam Engelhardt

Engelhardt é un posmoderno exemplo de tecnofilia evolucionista. Non cree que as respostas premodernas ou modernas sirvan como remedios aos problemas que plantexa a civilización tecnocentífica. Resalta como os individuos e colectividades explotan as posibilidades tecnocentíficas en direccións diferentes.

Engelhardt reflexiona sobre as sociedades multiculturais e pluralistas no referente a como tratar as diferencias morais que separan e opoñen ao extranos morais. Distingue varios tipos de interaccións e solucións para as controverxias e diverxencias que se presentan:

  • A interacción violenta e o uso da forza.
  • A unificación por conversión.
  • A discusión racional. Para Engelhardt, a fe racionalista non se diferencia demasiado das crenzas relixiosas, e pode desembocar en dogmatismo e no uso da forza. O racionalismo nunca foi universal que pertence a unha comunidade particular (que parece estar en decadencia nas sociedades posmodernas).
  • O perfeccionamento empírico e pragmático dos procedementos regulativos das controversias morais.

Para Engelhardt, o postulado de base que condizoa a existencia mesma da ética é a vontade de resolver os problemas sen utilizar a violencia. Dende o que chama un plano metamoral, só estase dentro da esfera ética cando se decide non utilizar a forza para impor o propio ponto de vista.

Establece que debe primar o principio de autonomía sobre o principio de beneficencia, polo que non se debe impor ao outro a propio concepción do ben contra da súa vontade. Trátase de facer ao outro o que el quixera que se lle fixera. Considera válida toda clase de acordos ou contratos con tal de que non se estableceran pacíficamente, aínda que poidan parecer irracionabeis.