O Pragmatismo non se identifica necesariamente co materialismo materialista e especulador. Ben a ser unha especie de experimentalismo radical que rachou decididamente coa primacía da filosofía teórica que se considera con capacidade de xuzgar todo a priori.
Resulta ser unha mistura orixinal de empirismo, darwinismo e hegelianismo (o tribunal da historia). Na liña do empirismo está emparentado co nominalismo, o utilitarismo e o positivismo.



O proxecto neopositivista segue sendo relativamente tradizoal e próximo ao ideal metafísico: a elaboración a priori dunha teoría sistemática, absoluta e definitiva. Sendo positivista e loxicista nun sentido demasiado dogmático, apenas sensíbel á experimentación e ao carácter práctico e contextual das cencias. Segue sendo esencialmente un modo de pensar logoteórico. O Pragmatismo é metodolóxico designando un procedemento seguro para adquirir o verdadeiro, pero tamén no sentido etimolóxico que evoca abrirse paso nun camiño de forma azarosa e a tentas, con perigo de chegar a un ponto sen continuación ou de extraviarse.
O neopositivismo e pragmatismo coinciden no criterio de sentido, polo que un enunciado tan só ten sentido se existe un método que permite decidir sobre a súa verdade ou falsedade.
Para o Pragmatismo, a experiencia, expermentación ou comprobación son o criterio último do sentido, da verdade e do valor. Ante unha pretensión de sentido ou a afirmación dunha verdade ou dun valor, débese examinar as consecuencias prácticas para quen escolle ese sentido, valor ou verdade, xa que con iso quere orientar a súa conduta. Onde non hai consecuencias prácticas non hai significación algunha en xogo.
As tres grandes figuras do Pragmatismo son Peirce, William James e Dewey. Para eles o que é o significado no Pragmatismo difire:
- Para Peirce, o Pragmatismo é un método para decidir o significado de palabras dificis e de conceitos abstractos.
- Para William James, Se unha porción dun pensamento non afecta en nada ás consecuencias prácticas dese pensamento, non constitúe en verdade un elemento do seu significado.
- Para Dewey, para descubrir o significado da idea hai que investigar as súas consecuencias.
Temos que a versión de Peirce do Pragmatismo é máis epistemolóxica e lóxica, a de James é máis psicolóxica e a de Dewey é máis sociolóxica e pedagóxica.
Peirce
Para Peirce o sentido dun enunciado ou dun termo explicítase nunha serie de proposicións que describen os fenómenos empírica e experimentalmente observabeis que, dalgunha forma, aparecen na significación ou no enunciado que ten que explicarse. Para el a máxima pragmática sería que hai que considerar os efectos, dos que pensamos que poderían ter alcance práctico, que debería producir o obxecto da nosa concepción. A nosa concepción deses efectos coincide coa concepción completa do obxecto.

No referente ás leis da natureza, Peirce é incluso realista e critica as interpretacións nominalistas, que son máis comúns entre os pragmatistas e que reducen o xeral a unha construción humana, e só consideran realmente existentes as cousas particulares.
Peice é falibilista, para el nengunha verdade é definitiva ou absoluta, independente de toda experiencia futura. A explicación deste falibilismo como posición epistemolóxica resido no principio ontolóxico de continuidade, que exclúe a posibilidade de aillar completamente un elemento, por exemplo, un enunciado ou sistema. Como consecuencia, a certeza postula a discontinuidade, é solidaria da detención, a separación, o feche dunha parte sobre sí mesma, escindida do resto do universo e devir.
Este plantexamento de Peirce ten certo parentesco co holismo contemporáneo, compartido por pensadores designados como neopragmatistas, como é o caso do lóxico e filósofo Quine.
Peirce é o primeiro en desenrolar un enfoque pragmático da linguaxe. Na corrente loxicista e neopositivista a filosofía enfocou a linguaxe nas dimensións da sintaxe e da semántica, sendo unha concepción típica dun ideal metafísico: o filósofo como Locutor Universal e a linguaxe como representación verdadeira da Realidade en sí. Coa Pragmática a linguaxe baixa á Terra, tanto na natureza como na sociedade, sendo non máis que un comportamento relacional de certos organismos vivos, os seres humanos.
William James
James falará de empirismo radical co fin de describer a súa perspectiva á vez monista (a experiencia é unha e continua) e pluralista (as súas formas son múltiples).
A verdade, para James, non se debe concebir como copia fiel dunha realidade inmutábel. A verdade é relativa: é verdade o que se revela útil en función dos intereses dunha forma de vida. Se os intereses cambian o que era verdade pode pasar a ser falso, non vital, incluso inviábel. A verdade é instrumental e operatoria en función de obxetivos e necesidades dos individuos e do medio.
Posuir pensamentos verdadeiros é posuir instrumentos preciosos para a acción. A verdade non é unha categoría práctica do ben. A verdade é unha sorte de ben, o que o seu uso resulta bo para unha forma de vida.

Fiel á primacía do facer e do actuar sobre o discurso e a teoría, o pragmatismo preséntase tamén como método de decisión. É ante todo un método que permite resolver controversias metafísicas que do contrario poderían ser interminabeis.
Tomando en serio a hipótese da súa verdade e concebindo a nosa conduta ta como fose regulada por ela. Se se comproba que as concepcións estudadas non presentan diferenza dende o ponto de vista práctico, a controversia é inútil. No caso contrario, é preciso examinar cal é a que presenta máis vantaxes.
James foi auténtica e profundamente pluralista, no sentido de que non deixou de denunciar concepcións absolutistas e totalitarias que pretenden reducilo todo á unidade dunha verdade definitiva e inmutábel.
Dewey
Dewey exerceu influencia sobre o pensamento norteamericano do século XX, sobre todo nos dominios da filosofía social, política e da educación.
Asimilou a influencia do hegelianismo e do darwinismo, pero sobre todo de Peirce e James.

Para James, é verdadeira unha idea ou unha teoría que logra resolver o problema que suscitou, ten valor unha conduta ou un estado que na experiencia aporta satisfacción, felicidade. Interprétase como verdadeiro o que é útil, eficaz, práctico ou operativo nunha situación dada.
A bela continuidade do dever a maior parte das veces non ten sorpresas nen sobresaltos, pero cando se ve perturbada, bloquéese, o se volva conflictiva e destrutora, problemática, desencadéase a investigación. Experiméntanse diversas ideas, hipóteses de solución, e non se detendrá até que se restaure a continuidade, ao prezo dunha transformación da relación, así como de un ou varios termos en presenza. Pero nengunha solución é definitiva, se non que constantemente xorden novos problemas.
Rorty
Inicialmente dentro do posmodernismo, posteriormente Rorty autodescribiuse como neopragmatista, que considearía tamén a Goodman, Quine, Dadvidson e Putnam. Rorty parte de filósofos como Dewey, Wittgenstein, William James, Heidegger, Nietzsche e Gadamer.
Rorty di que se debe abandonar o sono clásico e moderno ddunha solución filosófica universal, inspirada no mito da razón. Nengunha práctica humana pode ser fundamentalmente privilexiada con respeito a todas as outras sobre a base de propiedades extraordinarias que a puxeran en relación cunha realidade transcendente. Deste xeito, a cencia debe considerarse como unha práctica cultural ou social, un simple xogo de linguaxe entre outros (as cuestións que trata a cencia deben resolverse mediante acorodos entre os homes e non mediante a un ser extralingüísitico con resultados fora do ámbito do debate).
A cencia sería un xénero literario e a literatura un xénero de investigación. Entre os enunciaodos de feito e de valor non habería distinción absoluta, nen tampouco entre a verdade e a ficción. Para Rorty, os discursos centíficos e os políticos non teñen discontinuidade.

Para Rorty, a obxectividade non é a relación entre un enunciado e unha realidade extralingüistica, que cada individuo ailladamente limitaríase a comprobar, se non que é a expresión dun acordo intersubxectivo e un consenso. Os logros da cencia non son consecuencia da adecuación das teorías centíficas ao real, se non produtos das virtudes de cooperación activa dos centíficos entre eles.
A filosofía na cultura postfilosófica do neopragmatismo de Rorty convertiríase nunha negación da pulsión cara o absoluto, quedando contida como unha ilusión dun ou varios individuos, con pretensión dunha Realidade, Verdade ou Sentido Universal. A pulsión metafísica-relixiosa de negación da condición humana e das súas solidaridades quedaría disolta e administrada para que non sexa un perigo para a sociedade.

Rorty oponse ao desexo de saír da linguaxe, de pór fin á discusión entre os homes coa referencia a un fora do debate, expresada mediante a afirmación de enunciados indiscutibeis, chamados verdadeiros independentemente do acordo ou desacordo dos demais. Este desexo e fundamentalmente dogmático, totalitario e represivo, adoptando diversas formas: teolóxica, metafísica, positivista, centificista…
Rorty, neopragmatista e posmoderno, desexa promover as sociedades abertas e inclusiva, traballando en favor da ampliación do nós que consitutúe a súa comunidade de estadounidense. Para el, sería bo extender progresivamente a sociedade democrática e liberal ao conxunto da humanidade.