Teoría do Conflicto

A teoría do conflicto pode conderarse como unha reacción ante o funcionalismo estrutural, pero tamén ten outras raíces como son o marxismo e Simmel. Aínda que nos anos 50 e 60 foi unha alternativa ao funcionalismo estrutural, posteriormente pode considerarse que foi superada por diversas teorías neomarxistas.

Dentro da teoría do conflicto, destaca Ralf Dahrendorf que suliña que calquera sociedade está suxeita a procesos de cambio en todo momento. Onde os funcionalistas estruturais ven orde (e que os elementos das sociedade contribúen ás súa estabilidade), os teóricos do conflicto ven conflictos na sociedade (e elementos que levan á desintegración da sociedade e ao cambio).

Os teóricos do conflicto, como os funcionalistas, oriéntanse cara o estudo das estruturas e as institucións sociais. Pártese de que, todo orde na sociedade ten como orixe a coerción exercida polos que ocupan as posicións máis altas. Mentres os funcionalistas estruturais céntranse na cohesión creada polos valores societais comúns, os teóricos do conflicto acentúan o papel que desempeña o poder no mantemento da orde.


A sociedade mantense unida por constricción forzada, de forma que unhas posicións da sociedade teñen poder e autoridade sobre outras, Dahrendorf partiu deste feito para dicer que a tese central da distribución diferencial de autoridade convírtese no factor determinante dos conflictos sociais sistémicos.

Para Dahrendorf, as diferentes posicións que existen nunha sociedade se corresponden con distintos graus de autoridade, estando ésta determinada polas posicións que ocupan os individuos. Criticaba os estudos nas características conductuais ou psicolóxicas dos individuos que ocupaban determinadas posicións nunha sociedade.

A orixe estrutrural dos conflictos debe buscarse na asignación de roles sociais dotados de expectativas de dominación ou de suxeción.

Segundo Dahrendorf, a autoridade dentro dunha sociedade consta de dous elementos, de forma que só poden formarse dous grupos de conflicto nunha asociación, os que se atopan en posicións de autoridade e os que se atopan en posicións subordinadas.

Os individuos non teñen que internalizar expectativas sobre o seu papel ou ter concencia delas para actuar segundo se espera deles. Simplemente ao ocupar as posicións determinadas, a súa forma de comportarse é a que se espera deles.


Realmente a teoría do conflicto ten máis en común co funcionalismo estrutural que co marxismo, ao facer énfase en elementos como os sistemas, as posicións e os roles.

O conflicto tamén fai unha función de comunicación pois no proceso do conflicto os grupos poden ir identificando as posicións do enemigo, determinándose finalmente as posicións e fronteiras entre os grupos. Tamén, se poden decidir a postura máis adecuada fronte aos seus enemigos, e ter unha idea máis clara da forza relativa das partes e facilitando, no seu caso, un achegamento pacífico.