As nocións de conceito, significado e verdade, estudadas en sentido lóxico e liberadas de todo residuo subxectivista, convírtense nos temas centrais do pensamento contemporáneo pola acción conxunta das tres grandes correntes dominantes a principios do século XX: a Filosofía Analítica, o Neopositivismo Lóxico e a Fenomenoloxía.
O Neopositivismo desenrolouse nos anos 20 do século XX baixo o impulso de centíficos que estaban interesados en reflexionar sobre os fundamentos da cencia formaban un grupo autodenominado Círulo de Viena.
O Neopositivismo Lóxico veu a ser a manifestación máis radical do empirismo, nel unían unha teoría empirista do coñecemento a unha aplicación rigurosa da lóxica matemática, a unha análise coidadoso da linguaxe, e un fondo respeito pola cencia.
Bertrand Russell
Russell vai centrar a súa atención na obtención dunha linguaxe formal, construido ao modo matemático, considerando a filosofía como doctrina lóxica que proporcione os medios dunha análise centífica da linguaxe. Partindo dunha análise do coñecemento matemático, e levando despois os resultados á explicación do coñecemento empírico, chegará a unha interpretación da realidade como composta de elementos últimos e indivisibeis: o Atomismo Lóxico.

A búsqueda dunha linguaxe lóxicamente perfecta por parte de Frege, influirá tanto en Russell como en Wittgenstein. Frege logra mediante a introdución dunha complicada linguaxe a formalización da lóxica dedutiva, liberando deste modo o pensamento do lastre limitador da palabra. Separa a lóxica da psicoloxía, rachando coa filosofía empirista. Introduce como novedades na lóxica os cuantificadores, as nocións de función e argumento, que veñen a sustituir aos clásicos suxeito e predicado, e introduce a distinción entre sentido e referencia que permiten explicar as expresións diferentes que denotan ao mesmo obxeto.
Para Russell o coñecemento matemático vai proporcionar unha certeza crítica ao empirismo, dando lugar a coñecemento verdadeiro independentemente da experiencia. Russell demostra que o coñecemento matemático pode ser explicado pola lóxica. Pero Russell recurre dalgunha forma a unha metafísica ao advertir que todo o que pode ser pensado ten que ter ser, e non pode ser produto do mesmo pensamento.
A metafísica do atomismo lóxico ten como actitude básica a de quedarse no plano lóxico sen pasar ao ontolóxico: non se nega a existencia de construcións lóxicas que se corresponden posíbelmente con entidades individuais constantes, pero non ve razóns para poder afirmar que esas entidades existen.

Na evolución do pensamento de Russell pásase de concevir ás clases como realidades obxetivas, tan reais como os individuos que as compoñen, a pasalas a considerar como convencións lingüísiticas ou simbólicas pero sen ser obxectos auténticos.
Concibe a tarefa da filosofía como a clarificación das verdades que se nos dan na experiencia, máis que o descubrimento de verdades de orde superior e fundante. Oriéntase máis ao formal e metódico que á defensa de novos contidos.
Wittgenstein
Wittgenstein no seu Tractatus cree nun isomorfismo entre linguaxe e realidade. Ademáis, as proposicións que non describen feitos carecen de sentido.

Wittgenstein dá unha solución á paradoxa de Frege, que suxire que o erro fundamental estaba na introdución da lóxica na semántica. Para Wittgenstein a lóxica non debe ir máis alá dos signos e dos símbolos, non debe prestar atención ao que os símbolos significan semánticamente. Avánzase así na búsqueda da linguaxe perfeita, téndose liberado da semática e reducido á sintaxe lóxica.
Wittgenstein finalmente, sen renunciar ao sentido, deixa de confiar nas constriccións da sintaxe e a lóxica e quere buscar o sentido noutro lado: e inicia un estudo a posteriori da linguaxe real. A linguaxe lóxica das proposicións elementais é un constructo artificial que recorta e empobrece á linguaxe ordinaria, da cal o transfondo é o único que o fai significativo.
Se inicialmente Wittgenstein dera un xiro cara a sintaxe lóxica, renunciando á semántica (unha herdanza do Círculo de Viena), nun xiro final da súa obra fai un novo xiro cara á pragmática (que continuarán Austin e Searle). Tras este último xiro, Wittgenstein di: Todo o proceso de uso de palabras é un dos xogos por medio dos que aprenden os nenos a súa lingua materna. No xogo inclúense non tan só os usos das palabras, se non tamén as accións volcadas e integradas na realidade, formando unha unidade indisociábel, como se fose unha determinada forma de vida.
Círculo de Viena
Un ponto de partida do Círculo de Viena foi a discusión do Tratactus logico-philosophicus de Wittgenstein, que algúns consideraban a biblia do seu movemento. Este movemento fixo enfase no coñecemento positivo, baseado na únicamente na observación sensíbel dos feitos e na lóxica formal como instrumento de análise, segundo o modelo dos Principia Mathematica de Russell.
Aínda que inicialmente o movemento foi orixinario de Europa continental, por motivos históricos pasou a ser un movemento típicamente anglonorteamericano. Este cambio veuse facilitado polas similitudes entre Neopositivismo, Pragmatismo e Empirismo, dominantes no pensamento anglosaxón.
O Círculo de Viena sostivo que únicamente a cencia fala con lexitimidade e sentido acerca da realidade extralingüística e que a filosofía non ten outra tarefa que esclarecer, unificar, sistematizar e analizar a linguaxe centífica. A actividade centífica é considerada como logoteórica (verbal e teórica), e ten como función producir nunha linguaxe a totalidade do discurso verdadeiro (a representación lingüísitica ou simbólica adecuada á realidade). Pola contra a filosofía ten unha actividade secundaria, metalingüística, que ten por obxecto a linguaxe e o discurso das cencias. A filosofía non fala lexítimamente da realidade extralingüística.

Só ten sentido un enunciado que poida ser calificado como verdadeiro ou falso. Para Schlick e Carnap, a verificabilidade constitúe o criterio de sentido.
A linguaxe ten como función esencial a descriptiva e aponta á representación verdadeira do real. Únicamente ten sentido un enunciado verificábel (é dicer, supceptíbel de ser declarado verdadeiro ou falso). A verificabilidade constitúe o criterio de sentido. Segundo o principio de verificabilidade, o significado dunha proposición confúndese co método da súa verificación.
Existen dúas formas básicas para decidir a verdade dun enunciado (para verificalo): a demostración e a experiencia:
- A verdade demostrada é unha cuestión de coherencia lóxica interna á linguaxe e é determinábel a priori. A análise dun enunciado, a posibilidade de reducilo a enunciados máis fundamentais ou elementais, é o que garantiza a súa verdade.
- A verdade dos enunciados dados pola experiencia, exixea confrontación dos feitos extralingüísiticos coa experiencia para a súa verificación, que é de tipo empírica e a posteriori. Son deste tipo todos os enunciados realistas, e claro está, os da cencia da natureza, chamados enunciados empíricos.
Definir o discurso como fundamentalmente informativo-obxetivo, verdadeiro ou falso, implica deixar de lado (como sen sentido, ilexítimos ou non interesantes), outros usos da linguaxe, como son os expresivos e valorativos. O Neopositivismo invita a analizar os enunciados desta especie con vistas a identificar o seu contido informativo e a prescindir aos elementos non reductibeis a ese contido. Este enfoque tende a remitir automáticamente ao emocional e sen sentido as proposicións que expresan un xuizo ético ou estético.
O Neopositivismo reduce a metafísica a un conxunto de abusos ou de confusións lingüísiticas. Os metafísicos serían músicos sen talento, poetas enganados pola linguaxe: artistas extraviados na linguaxe da cencia.
A análise lóxico-positivista distingue dúas fontes de sen sentido:
- As debidas a un erro sintáctico: a combinación abusiva de termos pertencentes a categorías hetereoxéneas pero que consideradas por separado ou utilizados correctamente teñen sentido.
- O debido ao abuso semántico: á utilización de termos desprovistos de significado (que non teñen referencia determinábel).
Finalmente, a metafísica ou aparece como un discurso sen obxecto (e por tanto sen sentido), ou aparece como un discurso confuso no pertencente á linguaxe. Faise unha invitación á filosofía para pasar da metafísica á metalingüística, a que se transforme en crítica e análise lóxicos da linguaxe.