Na socioloxía clásica francesa poden distinguirse tres grandes teóricos:
- Claude Saint-Simon.
- Auguste Comte.
- Emile Durkheim.
Saint-Simon

Comte
Auguste Comte desenrolou a súa perspectiva centífica, o positivismo, como loita contra o que consideraba a filosofía negativa e destrutiva da Ilustración. Nesta perspectiva coincide cos católicos contrarrevolucionarios franceses (De Bonald e Maistre).

Durkheim
Emile Durkheim preocupouse polas influencia da sociedade e das grandes estruturas da sociedade nos pensamentos e accións dos individuos. O desenrolo e utilización do conceito do feito social constitúe o núcleo da súa socioloxía.
Para Durkheim os feitos sociais debían ser tratados como cousas e estudados empíricamente, non filosóficamente. As ideas poderían tratarse introspectivamente pero as cousas non poden concebirse mediante unha actividade puramente mental, requírense os datos. En concreto, Durkheim adícase ao estudo dos feitos sociais inmateriais.
Non toda concencia social alcanza a exteriorización e materialización.
O que actualmente en Socioloxía son normas e valores, cultura, son exemplos do que el quería dicer co de feitos sociais inmateriais.

A preocupación moral de Durkheim
Durkheim pode considerarse un sociólogo da moralidade, sendo a socioloxía un subproducto da súa preocupación polos problemas morais. O estudo dos problemas morais da súa época orientou o seu estudo cara os elementos morais da vida social. A súa preocupación fundamental era o debilitamento da moralidade común no mundo moderno. Os individuos enfróntanse á anomia cando a moral non lles constriñe o suficinte, cando carecen dun conceito claro do que é unha conducta apropiada e aceptábel.
Nunha sociedade con solidariedade orgánica a concencia colectiva é menor e a comparte unha cantidade de xente inferior, percíbese con menor intensidade, non é demasiado ríxida e o seu contido queda ben definido pola expresión individualismo moral (pola importancia de que o individuo se convirte nun precepto moral).
Durkheim pensaba que a reestruturación da sociedade dependía dos cambios que se realizaran na moralidade colectiva. Cría que os problemas esenciais dunha sociedade moderna eran de índole moral e que a única solución real residía en reforzar a moralidade colectiva.
A súa principal preocupación era a necesidade de reforzar os aspectos colectivos que hai en nós co fin de controlar mellor os excesos das nosas paixóns individuais. Preocupáballe o debilitamento da formza que esta internalización da moralidade na sociedade contemporánea, a disminución do grau en que os feitos sociais exercían control sobre a concencia. Nunca abandonou a convicción de que a sociedade occidental do seu tempo atravesaba unha grave crise, que no fondo debíase a unha relaxación patolóxica da autoridade moral.
Suicidio e correntes sociais en Durkheim
O conceito de correntes sociais aparece como un conceito máis específico e máis dinámico do que é un feito moral. Son feitos sociais inmateriais que son obxectivos e inflúen en igual grau sobre o individuo que os feitos sociais, pero carecen desa forma cristalizada. Na obra “O suicidio”, Durkheim demostrou que os feitos sociais son externos e coercitivos para o individuo.
Durkheim distinguiu entre varios tipos de suicidio, vinculando cada un deles con distintos graus de integración e regulación da sociedade onde aparecían. Distinguiu entre o grau de integración: o suicidio altruista está vinculado cun alto grau de integración, mentres que o egoísta asóciase a un baixo grau. A regulación refírese ao grau de constricción externo sobre as persoas: suicidio fatalista vincúlase con altos graus de regulación, pola contra o anómico con baixos.

Así os catro tipos de suicidio que distinguiu son:
- Suicidio egoísta. Nel o individuo non está totalmente integrado na unidade social global, o que lle produce un sentimento de valeiro e falla de significado nun individuo.
- Suicidio altruista. Fronte ao suicidio egoísta cun escotamento irremediábel e unha profunda depresión, o nacemento do suicidio altruista nace da esperanza, crendo nunha perspectiva beatífica despois da vida.
- Suicidio anómico. Aparece cando a colectividade é incapaz de exercer a súa autoridade sobre os individuos. Estes cambios poñen ás persoas en situacións nas que xa non se observan vellas normas e as novas comezan a aparecer. Estes periodos de interrupción liberan correntes de anomia, e estas correntes conducen a un aumento das tasas de suicidio anómico.
- Suicidio fatalista. É máis probábel en persoas con futuro implacábelmente determinado con paixóns violentamente comprimidas por disciplinas opresivas. Un exemplo pode ser o do esclavo que se quita a vida debido á reglamentación opresiva de todas as súas accións.
Relixión en Durkheim
Na análise da relixión prinitiva, Durkheim trataba de mostrar que as raíces da relixión atopábanse na estrutura social da sociedade, sendo ésta quen define certas cousas como sagradas e outras como profanas. Na análise do totemismo prinitivo demostrou o carácter social da orixe da relixión e as súas raíces na estrutura social do clan. Sociedade e relixión eran o mesmo, dúas manifestacións do mesmo proceso xeral.