Karl Mannheim creou o novo campo de estudo da socioloxía do coñecemento, como unha disciplina que explora a dependencia funcional de cada ponto de vista intelectual na distinta realidade de cada grupo social, e unha disciplina que se ocupa de explorar a evolución dos diversos pontos de vista.
Mannheim
Pode considerarse a Mannheim pioneiro na idea de que na socioloxía é preferíbel un enfoque hermenéutico a un enfoque puramente positivista.
Para Mannheim, as ideoloxías non teñen por qué implicar unha intención conscente de distorsión da realidade, se non que as distorsións soen producirse debido a que as ideas emerxen de sectores específicos do mundo social, polo que son limitadas, parciais e distorsionadas.
A diferencia de Marx, Mannheim define a socioloxía do coñecemento en termos máis xerais, como o estudo das relacións entre o pensamento humano e as condicións de existencia en xeral.

Mannheim define a intelligentsia como os grupos sociais cuxa tarefa principal é proporcionarlle á sociedade unha interpretación do mundo, que no caso da época de Mannheim produciu unha profunda incertidume, xa que os intelectuais e xente en xeral non aceptan xa un só sistema de ideas, o que provoca que a sociedade sexa unha chamativa confusión de ideas que compiten entre sí. A tarefa fundamental da socioloxía do coñecemento sería captar a natureza do grupo social que está na base da intelligentsia, e dos sistemas de ideas que se analizan.
No seu pensamento Mannheim non se interesa polas ideas ailladas, se non por chegar a unha totalidade sistemática de ideas dunha época ou dun grupo.
Ideoloxía e utopía en Mannheim
Mannheim cría que a súa época estaba inmersa nunha crise intelectual, no contexto da cal analiza as súas dúas ideas máis importantes, ideoloxía e utopía.
O contraste entre ambas ideas é que os que usan a ideoloxías intentan defender o status quo escurecendo certas cousas sobre el, mentres que os que utilizan as utopías tenden tirar enbaixo o status quo acentuando as ventaxas dunha forma social alternativa.

Para Mannheim, unha utopía é incongruente coa realidade, pero difire da ideoloxía é que non tan só trascende a realidade, se non que racha o vínculo coa realidade existente. Aínbda que as utopías son ideas revolucionarias, poden influir en accións tendentes a destruir parcial ou totalmente a orde de cousas existente nun momento dado. Sucede con frecuencia que a utopía dominante xorde como un desexo ou fantasía dun único individuo con carisma que se manifesta posteriormente en metas políticas dun grupo máis extenso.
Mannheim distingue varios tipos históricos de ideais de utopías:
- A utopía do milenarismo orgiástico, que tenden a ser irracionais, irreflexivos, extático-orxiásticos. Tratan de transcender o mundo existente.
- A utopía liberal-humanitaria, dos estratos medios da burguesía e dos intelectuais, que buscan un futuro máis racional ao que nos moveríamos progresivamente.
- A utopía conservadora, que é unha reacción as utopías do milenarismo orgiástico e da liberal-humanitaria. A súa utopía é a dun mundo onde onde se manteña o que existe actualmente.
- A utopía socialista-comunista, que busca finalizar a sociedade presente e crear outra sen clases. Os actores desta utopía serían o proletariado e outros grupos sociais emerxentes.
Manneheim pensa que nos movemos cara un desencanto do mundo, onde as utopías e ideoloxías desaparecerán, e o movemento será cara un mundo no que todas as ideas foron desacreditadas e todas as utopías destruidas.
Racionalidade e irracionalidade en Mannheim
Na madurez de Mannheim, tendeu a unha visión pesimista con orixe na cada vez maior presencia de irracionalidades tales como a depresión económica, a guerra, o fascismo, etc.
Mannheim, distingue que tanto a racionalidade como a irracionalidade poden subdividirse no sustancial e no funcional.
Mannehim define a racionalidade funcional de forma parecida a como fixera Weber coa racionalidade formal. Sería unha serie de accións organizada de tal xeito que conduce a unha meta previamente definida, recibindo cada elemento nesta serie de aucción unha posición e un papel funcional.