O Idealismo é unha corrente filosófica, predominantemente alemana, que xorde como intento de superar o pensamento crítico kantiano.
Para o idealismo só existe o suxeito, a súa actividade e o coñecemento que adquire de sí mesmo. Pola súa actividade o suxeito determina á vez a forma e o contido do coñecemento, todo o que é real, racional e ao mesmo tempo cognoscíbel. É o idealimso absoluto que afirma que o suxeito é fonte de sí mesmo e do mundo, que constiúe todo e ao mesmo tempo coñece a totalidade do real.

Fitche

Schelling

Hegel
Para Hegel, a historia da humanidade é a historia pola cal o Absoluto faise cada vez máis conscente. É a historia do Espíritu en devir. A filosofía hegeliana é en última instancia unha filosofía do Espíritu e unha filosofía da Historia.
A secularización que supón Hegel é cáseque unha divinización da Humanidade, que encarna o suxeito absoluto e que é capaz de acceder ao saber total. O mesmo que no idealismo alemán en xeral, en Hegel hai unha tendencia a asimilar deus á humanidade. A influencia do cristinaismo en Hegel foi determinante: a súa filosofía pode presentarse como a formulación racional do que a relixión expresa de maneira simbólica. O cristianismo contribuiu á prograesiva introdución da dimensión histórica no pensamento occidental.

Para Hegel, a Dialéctica non será un mero procedemento lingüístico ou lóxico-demostrativo, se non o modo de ser mesmo da realidade e o modo de operar o pensamento en relación á realidade. Pensa que a razón é espontáneamente dialéctica: apenas afirma unha cousa, tende a negala ou contradicila e logo a superar a cotradicción.
O Estado é a forma moderna da sociedade civil e política. Constitúe unha totalidade fortemente organizada dentro da cal o indivíduo atopa a súa función e identidade, e ás que debe servir. O estado co que soña Hegel é o Estado Prusiano, forte e autoritario. Todo sucede como se a Humanidade estivera perto do fin da Historia, que coincidiría coa universalización do Estado Prusiano.

Hegel concretiza a finalidade subxacente ao progreso da autoconcencia como tendencia á apropiación cognoscitiva de toda a alteridade.
Se a modernidade está dentro do desenvolvemento da racionalidade centífica e técnica que supoñen Bacon, Galileo e Descartes, Hegel é amplamente antimoderno subordinando radicalmente a racionalidade analítica, empirista, técnica e lóxica a unha razón máis ampla, que restabelece unha serie de compoñentes que a cencia moderna rexeita: finalismo na natureza, primacía do saber verbalista fronte ao saber lóxico-matemático, valoración da linguaxe natural como fonte de verdade e de cencia, relación teórica e non operatoria co real material.