Ao longo da historia da teoría política tense manifestado unha concepción da relación saber-poder polo cal os que saben exercerán o poder. Xa Platón manifestara esta idea na ilusión do filósofo rei.
A política considerada como diálogo, conflicto ou pluralidade é sustituida pola certeza da cencia e a da técnica, convertíndose a eficacia un criterio fundamental para adopción de decisións políticas.

A teoría da tecnocracia ten pasado polas utopías políticas nas que a tecnocracia aparece como un modelo de sociedade racional (Bacon, Saint-Simon, Comte), pola necesidade dunhas élites tecnocráticas para o óptimo funcionamento da sociedade industrial en crise (Veblen e Burnham), ou pola ideoloxía implícita tecnocrática de que algúns modelos dentro da teoría política liberal definen a natureza das sociedades avanzadas dende conceitos como sociedade postindustrial e sociedade da información (Galbraith e Bell).
En xeral pártese da crecente influencia das élites centífica e técnica na sociedade moderna, de forma que o pensamento de Bacon estaría unido a un conceito de cencia que se corresponde coa sociedade moderna, o de Saint-Simon aos inicios da sociedade industrial, o de Veblen e Burham ás transformacións da sociedade industrial da primeira metade do século XX, e Bell e Galbraith á idea de superación da sociedade industrial.
Veblen
Thorstein Veblen cre que se debe quitar o control aos intereses creados e poñelo en mans dos enxeñeiros que deberían estar só interesados en aumen tar a eficencia do sistema industrial. Viña a ser un materialista que cría que todo estaba configurado e moldeado polas exixencias que acosan ao home nos tratos cotiáns cos medios materiais de vida.
As influencias básicas de Veblen son Marx, pensadores evolucionistas e varios economistas (Adam Smith e Alfred Marshall).
De Marx transforma a idea de confrontación de dúas clases sociais na confrontación da clase dos negocios e a clase industrial. Veblen cre que non se debe modelar a interpretación da sociedade en base á propiedade dos medios de producción, se non na cantidade de riqueza e no control que se exerce sobre os outros. A clase dos negocios posúe a riqueza invertida en grandes corporacións e controla deste xeito as condicións de vida dos demáis. Pola contra, a clase industrial non posúe a riqueza en corporacións de suficente tamaño e está controlada por outros. Faise unha distinción entre os que posúen máis do que poden usar persoalmente e os que necesitan máis do que posúen.

Con respeito á influencia da evolución, Veblen traballa cun modelo en dous estadios: sociedade salvaxe e a barbarie depredadora. A primeira tende a ser unha sociedade boa caracterizada pola paz e a colaboración. A segunda, a barbarie depredadora, ten un carácter competitivo e bélico, sendo máis importante o individuo que o benestar da colectividade (trátase de obter partindo das artes industriais vantaxes a expensas dos demais).

O atraso cultural en Veblen
Veblen pensa que os que posúen o capital teñen logrado o control das artes industriais ao tempo que se teñen distanciado cada vez máis delas, perdendo o coñecemento exacto das mesmas. O capital, a propiedade e as ideas que están tras del, téñense convertido nun atraso para o progreso das artes industriais. Polo tanto, a tecnoloxía do século XX deixou atrás os dereitos adquiridos no século XVIII.
Os principios que governan o coñecemento e as crenzas, o dereito e os costumes, foron sempre con retraso, a diferencia do impulso cara adiante da industria e das resultantes condicións de vida. Sen embargo, na súa opinión era só cuestión de tempo que estes sistemas de pensamento se axustaran máis ao modo de pensamento práctico predominante na cencia e na tecnoloxía.
Teoría da clase ociosa en Veblen
Nas primeiras fases do desenrolo industrial, a clase ociosa tende a demostrar a riqueza, e así obter estima, levando unha vida de ocio, e ostentando que non traballan, o que Veblen chama ocio conspicuo. Non se trata de que a clase ociosa sexa apática, se non que consume o tempo non productivamente debido a que para ela o traballo productivo é indigno.
Posteriormente pásase de realizar a ostentación co ocio conspicuo mediante o consumo conspicuo, medianete o gasto de cartos e bens de consumo faise máis visíbel o derroche. No ocio conspicuo faise un derrocho de tempo e no consumo conspicuo un derroche de cartos.
O derroche do consumo conspicuo non afecta só propiamente ao consumo, se non que afecta aos hábitos mentais en xeral, incluindo o sentido do deber ou da beleza, ou da utilidade, ou do sentido centífico da verdade.
En xeral, a clase ociosa e a súa orientación pecuniaria está asociada ao derroche, á futilidade e á ferocidade. Ao fomentar tales cousas, a clase ociosa tende a oporse ás necesidades da sociedade industrial moderna. Nesta e outras relacións, a institución dunha clase ociosa actúa para conservar e incluso rehabilitar ese tipo arcaico da natureza humana e eses elementos da cultura arcaica sobre as que a evolución industrial da sociedade actuou nos seus estadios posteriores para eliminalos.